Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 14 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos da súa petición.

Ourense, 14 de maio de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 20192.

DNI/NIE /PAS: X7202651V.

Último enderezo coñecido: rúa Dous de Maio, nº 18, 2º dereita, 32005 Ourense.

Nº de expediente: 22800.

DNI/NIE /PAS: 140804070.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Puga, nº 60, 4º dereita, 32002 Ourense.