Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27276

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (700/2018).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 877/2019

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 700/2018 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 877/2019, seguido por instancia de Mariola Seoane Trasande contra Fogasa, representante legal Daniel Rey dos Santos, Adm. concursal de London Diesel’s, S.L., en representación de London Diesel’s, S.L., Daniel Rey dos Santos, Adm. concursal de London Diesel’s, S.L., London Diesel Inyección, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Mariola Seoane Trasende contra a Sentenza do 18 de decembro de 2018, do Xulgado do Social número 2 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil London Diesel’s, Sociedade Limitada e a súa administración concursal, e contra a entidade mercantil London Diésel Inyección, Sociedade Limitada, con chamamento a xuízo e intervención procesual efectiva do Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a London Diesel Inyección, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza