De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 21 de maio de 2019
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: AV/36/2018/237.
DNI da persoa interesada: 77414030D.
Acto de notificación: requirimento de emenda.