Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 22 de maio de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento TU986D competencia desta área provincial (expediente RITGA E-2019-002279 e dez máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dúas veces das resolucións ditadas pola directora da Axencia de Turismo no enderezo do interesado sen que estas se puidesen realizar, notifícanse as resolucións á persoa citada no anexo e emprázanse para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña da Consellería de Cultura e Turismo (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para coñecer o contido íntegro das resolucións. Advírteselle que, de non comparecer, se lle darán por notificadas.

Contra estas resolucións poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de maio de 2019

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos

Expediente

Resolución

Data

José Espasandín Allo

RITGA-E-000632

Desistencia

26.3.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-000635

Desistencia

26.3.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-000636

Desistencia

26.3.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-000638

Desistencia

26.3.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-000641

Desistencia

26.3.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-000642

Desistencia

26.3.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-000643

Desistencia

26.3.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-002279

Denegación

9.4.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-002282

Denegación

9.4.2019

José Espasandín Allo

RITGA-E-002286

Denegación

9.4.2019