Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27005

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR350A).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 79, do xoves 25 de abril de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 20108, no artigo 20, onde di:

«Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación:

Ás contratacións indefinidas iniciais cofinanciadas polo PO FSE Galicia 2014-2020 e ás contratacións temporais cunha duración inicial mínima de 12 meses que se realicen desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 con mulleres desempregadas».

Debe dicir:

«Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación:

Ás contratacións indefinidas iniciais cofinanciadas polo PO FSE Galicia 2014-2020, incluída a modalidade de fixos-descontinuos, e ás contratacións temporais cunha duración inicial mínima de 12 meses que se realicen desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 con mulleres desempregadas».

Na páxina 20111, no artigo 22.1, onde di:

«1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 12.000 euros por cada muller desempregada contratada sempre que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21».

Debe dicir:

«1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 12.000 euros por cada muller desempregada contratada sempre que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

No caso de contratacións indefinidas iniciais na modalidade de fixos-descontinuos a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo».

Na páxina 20111, no artigo 22.4, onde di:

«4. A transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo incentivarase cunha contía de 4.000 euros; neste caso non serán aplicables os incrementos establecidos no punto anterior».

Debe dicir:

«4. A transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo incentivarase cunha contía de 4.000 euros; neste caso non serán aplicables os incrementos establecidos no punto anterior.

No caso de transformación de contratos temporais en indefinidos na modalidade de fixos-descontinuos a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo».

Na páxina 20121, o punto 3 do artigo 27 pasa a ser o punto 4 e queda redactado como segue:

«4. No caso do incentivo polo incremento da xornada, a entidade beneficiaria deberá manter a nova xornada da muller traballadora durante un período mínimo de dous anos».

Na páxina 20121, no artigo 28.2.a), onde di:

«a) Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 27.1.f) e g) e 27.2 desta orde, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo, procederá o reintegro da axuda concedida pola traballadora de que se trate».

Debe dicir:

«a) Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 27.1.f) e 27.2.a) desta orde, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo, procederá o reintegro da axuda concedida pola traballadora de que se trate».

Na páxina 20123, ao final do punto 2, hai que engadir o seguinte parágrafo:

«Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 27.1.g) e 27.2.b) desta orde procederá o reintegro da axuda. Para o cálculo da contía que se reintegrará terase en conta a contía mínima de subvención concedida á empresa por cada persoa traballadora subvencionada, sendo esta contía a que se aplicará por cada un dos empregados diminuídos, ata o tope da contía concedida».

Na páxina 20123, no artigo 28.3, onde di:

«3. Para as contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstacias:

Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 27.2 desta orde por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo, procederá o reintegro da axuda concedida pola traballadora de que se trate».

Debe dicir:

«3. Para as contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstacias:

Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 27.3 desta orde por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo, procederá o reintegro da axuda concedida pola traballadora de que se trate».