Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación do acordo de proposta de resolución e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C/2019/14-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de solo e rehabilitación urbana (certificación enerxética), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar por escrito alegacións en trámite de audiencia e para presentar os documentos e informacións que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 20 de maio de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C/2019/14-4.

Persoa interesada:

DNI: 35254449A.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.