Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26965

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle (Paiosaco).

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o día 1 de febreiro de 2019, acordou aprobar inicialmente o Estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables nun ámbito situado en solo urbano, parcelas catastrais 6595701NH3869N0001WG 6595702NH3869N0001AG e 6595703NH3869N0001BG, redactado polo arquitecto Alfonso Suárez Alvite por instancia de Francisco-Javier Cambón Suárez e Gabriel Regueiro García, e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado conforme o artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a expresión gráfica queda reflectida no plano de suspensión de licenzas que se xunta.

O expediente sométese a información pública por prazo de un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, coa finalidade de que o que o desexe poida examinalo e deducir, durante o citado prazo, cantas alegacións ou observacións considere oportunas. Simultaneamente notificarase o acordo aos promotores e a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados. A documentación está á disposición na segunda planta da Casa do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na sede electrónica do concello (https//sede.alaracha.gal).

A Laracha, 22 de abril de 2019

José Manuel López Varela
Alcalde

Plano de suspensión de licenzas

missing image file