Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a liquidación e se remite carta de pagamento de sanción de multa dun procedemento sancionador (expediente S-C-02.16).

As unidades dependentes da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural remitiron o 23 de xaneiro de 2019 carta de pagamento co importe líquido de sanción de multa imposta pola devandita dirección xeral o 29 de xullo de 2016 no procedemento sancionador S-C-02.16, finalmente revisada por Sentenza do 3 de decembro de 2018 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela. A carta de pagamento contén os datos necesarios para realizar o pagamento do importe da sanción que foi fixado na devandita sentenza, que adquiriu firmeza o 14 de decembro de 2018. Tentada a notificación persoal deste acto, non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura e Turismo, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Comunícase tamén que, de acordo co previsto pola disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso do período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. As débedas non satisfeitas nos períodos sinalados exixiranse en vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-C-02.16. Santiago de Compostela, A Coruña.

DNI do interesado: 33288898D.

Acto notificado: liquidación do importe definitivo da multa e carta de pagamento.