Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26648

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 21 de maio de 2019 pola que se dispón a renovación dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa de Pontevedra,

DISPOÑO:

A renovación de Víctor Nogueira García como vogal representante das organizacións empresariais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar