Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación das resolucións dos recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Val de Camba (Rodeiro).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar ou sendo o seu enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra esta cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade coa normativa sectorial aplicable e os artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O expediente administrativo estará á súa disposición nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín, Pontevedra (rúa Polideportivo, nº 1, baixo). Tlf. 886 15 94 54.

Pontevedra, 15 de maio de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

R-10

35204450Y

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-25

76809464K

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-26

76794569F

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-41

76790528Z

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-46

35159639E

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-46

37700558Q

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-53

38409509S

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-61

76790534C

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-78

34930441L

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-83

76802767V

Resolución recurso alzada contra BBDD

R-65

José González Cidre

Resolución recurso alzada contra BBDD