Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos do Sindicato Xeral de Fisioterapeutas en Galicia (Sinxefe).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, se acordou depositar, con data do 2 de abril de 2019, os estatutos do Sindicato Xeral de Fisioterapeutas en Galicia (Sinxefe) de acordo co seguinte:

Ámbito Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: terá a condición de afiliado/a quen, reunindo as condicións sinaladas no artigo 6, así o solicite.

Asinan a acta de constitución: Pablo Lourido Cogolludo, Rubén Martínez González, Javier Varela Mariño e Daniel Ferreiro Carballal.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego