Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26317

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT402C).

BDNS (Identif.): 457207.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (modalidades A1, A2, A3 e A4).

2. Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (B1, B2 e B3).

Segundo. Finalidade

A finalidade destas axudas é fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro (código de procedemento CT402C).

Terceiro Bases reguladoras

Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT402C).

Cuarto. Importe

O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 460.000 euros, dos cales 230.000 euros son para artes escénicas (modalidades A1, A2, A3 e A4) e 230.000 euros para música (modalidades B1, B2, e B3) da partida orzamentaria 2019.11.A1.432.B.470.0, para o ano 2019.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2019.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais