Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 14 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, polo que se lle notifica á persoa interesada no procedemento SXRH-PD-6/19 a citación para a toma de declaración antes do prego de cargos ou proposta de sobresemento.

A instrutora do procedemento intentou citar a persoa interesada para darlle a oportunidade de prestar declaración antes do prego de cargos ou proposta de sobresemento. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta a disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que lle sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa interesada, a referencia do procedemento e o trámite a que se convoca:

Persoa citada: 07871175T.

Procedemento: SXRH-PD-6/19.

Trámite: citación para o día 14.6.2019, ás 10.00 horas, no IES de Laxeiro (sito na avda. de Bos Aires, no termo municipal de Lalín), co obxecto de comparecer ante a instrutora para a toma de declaración antes do prego de cargos ou proposta de sobresemento.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional