Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26248

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2019.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre de 2019

Descrición

Data de sinatura

Importe

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela

11.3.2019

1.132.414,92 €

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Vigo

13.3.2019

1.110.346,70 €

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Lugo

15.3.2019

86.352,47 €

Prórroga convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano da Coruña

18.3.2019

3.503.242,07 €

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol

18.3.2019

877.169,27 €

Convenio de colaboración para a implantación dun servizo de interese municipal no Concello de Arteixo dentro do marco do convenio de transporte metropolitano da Área de Transporte Metropolitano da Coruña

29.4.2019