O Craega anuncia a convocatoria dunha praza de auditor para órgano de control.
DISPÓN:
Primeiro
Anunciar a convocatoria para cubrir un posto temporal de auditor.
Segundo
Terán acceso a cubrir a praza titulados/as superiores, técnicos ou grao en ciencias, preferentemente referidos á produción e transformación de alimentos. Valorarase experiencia no sector da agricultura ecolóxica e da inspección e certificación de produtos agroalimentarios, coñecementos de informática, dispoñibilidade para viaxar, carné de conducir e vehículo propio.
Terceiro
As solicitudes, xunto co currículum vitae, poderán presentarse no prazo de dez días desde a publicación deste anuncio, por correo electrónico a seleccion@craega.es.
Monforte de Lemos, 22 de maio de 2019
Francisco López Valladares
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia