Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de maio de 2019 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/30/2018-RP1.

O 3.4.2019, a instrutora do servizo de inspección urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade nº POL/30/2018-RP1, que se tramita entre outros a José Enrique Moreira Méndez, pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, na praia de Liméns, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución a José Enrique Moreira Méndez, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáise saber ao interesado que o texto íntegro da proposta de resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística