Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 4079/2019 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, do recurso contencioso-administrativo contra o Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

En cumprimento da Resolución do 22 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse cantos aparezan como interesados no procedemento de aprobación do Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia número 34, do 18 de febreiro de 2019, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 4079/2019, no cal recorre a Sociedade Galega de Ornitoloxía para o estudo e conservación das aves silvestres contra a resolución administrativa deste expediente. O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural