Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de fabricación de pezas de poliuretano compacto que Rodicut Industry, S.A.U. posúe no concello de Mos (expediente 2019-IPPC-I-34).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que polo prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

• «Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada de instalación industrial dedicada á fabricación de pezas de poliuretano compacto».

• Promotora: Rodicut Industry, S.A.U.

• Localización: estrada de Puxeiros a Mos, 135, 36417 Torroso, Mos (Pontevedra).

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue oportunas, o documento estará á disposición dos administrados:

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostenibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

– Clave do expediente: 2019-IPPC-I-34.

– Peticionaria: Rodicut Industry, S.A.U.

– NIF: A08855033.

– Enderezo social e localización da instalación: estrada de Puxeiros a Mos, 135, 36417 Torroso, Mos (Pontevedra).

Coordenadas UTM (fuso 29, datum ETRS89): X: 530723, Y: 4672789.

– Actividade: englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; categoría 4.1.h).

4. Industrias químicas.

4.1. Instalacións químicas para a fabricación de produtos químicos orgánicos; en particular:

h) Materias plásticas (polímeros, fibras sintéticas, fibras a base de celulosa).

– Descrición: a actividade de Rodicut consiste na fabricación de pezas de poliuretano compacto mediante coada.

O proceso de fabricación empeza co preacondicionamento dos prepolímeros, catalizadores e aditivos para a súa mestura co fin de obter o polímero en estado líquido. Grazas ás condicións de temperatura en que se realiza o proceso, vértese mediante coada nos moldes para solidificalo e, posteriormente, sometelo a unha etapa de maduración, igualmente con calor.

Rodicut desenvolve dúas liñas de produción de poliuretano distintas en función da base dos polímeros utilizados:

Fabricación de bandas de poliuretano con TDI (toluen diisocianatos).

Fabricación de pezas para a industria do cartón e outros sectores industriais (polis especiais).

O poliuretano prodúcese a partir de diferentes prepolímeros. No caso dos utilizados por Rodicut, destacan o diisocianato de tolueno (TDI) e o diisocianato de 4-metil-m-fenileno. Estes produtos que se reciben en estado líquido débense mesturar cun extensor de cadea que no caso do TDI é a moca (4,4’-metilenbis(2-cloroanilina), substancia da cal se prevé a súa substitución.

Estas mesturas incluirán cantidades pequenas doutros produtos plastificantes, colorantes e catalizadores.