Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se inicia o procedemento para o alleamento mediante poxa pública da patrulleira Gaivotiña, mediante o procedemento de ofertas en sobre pechado.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Consellería do Mar o 28 de marzo de 2019, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais, o inicio do procedemento para o alleamento mediante poxa pública da patrulleira Gaivotiña.

1. Obxecto da poxa: alleamento da patrulleira Gaitoviña, con matrícula 8ª VILL-1-1-90, que se atopa desafectada do servizo público mediante Resolución da Consellería do Mar do 11 de xaneiro de 2018.

A descrición técnica en detalle e a taxación da patrulleira recollénse en informe de valoración que pode ser consultado na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais, ou solicitalo na Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, Edificio dos espellos, 2º andar.

2. Prezo base de licitación: o prezo base de saída para ofertar á alza para cada unha das poxas previstas é o seguinte:

– Primeira convocatoria: corenta e dous mil cincocentos trinta e sete euros con corenta e catro céntimos (42.537,44 €).

– Segunda convocatoria: trinta e seis mil cento cincuenta e seis euros con oitenta e dous céntimos (36.156,82 €).

– Terceira convocatoria: vinte e nove mil setecentos setenta e seis euros con vinteún céntimos (29.776,21 €).

3. Poxas sucesivas: no caso de que non resulte adxudicado a patrulleira na primeira convocatoria convocaranse sucesivamente e sen solución de continuidade ata dúas convocatorias máis.

4. Garantía provisional exixida: o licitador estará obrigado a constituir e presentar unha garantía equivalente ao 20 % do prezo base correspondente á convocatoria na que participe.

5. O ben obxecto desta poxa poderá ser examinado polas persoas interesadas, para o cal deberán dirixirse á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, teléfonos: 981 54 40 77/981 54 15 80, correo electrónico: lino.sexto.bermudez@xunta.gal

6. Prazo de presentación de proposicións: presentaranse no prazo de vinte (20) días naturais contado desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Lugar de presentación de proposicións: os sobres entregaranse na Oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña). A forma de presentar as proposicións e o seu contido será o indicado no prego de condicións regulador da poxa.

8. O acto público de apertura de sobres pola Mesa celebrarase aos dez (10) días naturais a partir do seguinte ao término da data establecida para a presentación das ofertas. Terá lugar na sala de xuntas da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, Edificio dos espellos, 2º andar.

9. Gastos dos anuncios: serán na súa totalidade por conta exclusiva do adxudicatario.

10. O prego de condicións que rexerá na poxa poderá obterse na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais, ou solicitarse na Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano- Edificio dos espellos, 2º andar.

11. Teléfonos de información: 981 54 57 05, 981 54 40 30 e 981 54 40 28.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar