Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26096

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 7 de maio de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 1 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 43, do 1 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 1 de febreiro de 2019 (DOG núm. 43, do 1 de marzo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 1 de febreiro de 2019.

Segundo. O cesamento no actual destino do persoal funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar nos seus destinos o persoal funcionario está a gozar dun un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contarse a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

As tomas de posesión das prazas adxudicadas deberanse realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implican cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comportan cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comportan o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Novoa Fernández, María Concepción.

NRP: ****552057 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/escala: corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: director/a residencia de maiores.

Código: PS.C99.40.801.32001.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Maiores Nª Sª dos Miragres.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Sotelo González, María Pilar.

NRP: ****453702 A1135

Grupo: C1.

Corpo/escala: corpo xeral administrativo da Administración do Estado.

Denominación do posto: director/a residencia tempo libre.

Código: PS.C99.40.210.32190.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

Localidade: O Carballiño.