No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, tramítase o recurso 90/2019-B (procedemento abreviado), interposto por Manuel de Dios Hernández fronte á Resolución do 18 de xaneiro de 2019, notificada o 31 de xaneiro, da directora xeral de Recursos Humanos pola que se desestima o recurso de reposición interposto o 26 de xullo de 2018 fronte á Resolución do 8 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. (Categoría: Persoal de Servizos Xerais) (DOG núm. 120, do 25 de xuño).
O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada no apartado de experiencia profesional.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos