No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 108, do 13 de maio do 2019, publicáronse integramente as bases que deberán rexer o proceso para seleccionar dous axentes de policía local polo sistema de mobilidade (OEP 2018).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.
Monforte de Lemos, 16 de maio de 2019
José Tomé Roca
Alcalde