Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25866

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (575/2017).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Ministerio Fiscal e María Montserrat Vázquez Rodríguez fronte a Miguel Lorenzo González, se ditou auto, con data do 22.4.2019, cuxo encabezamento e fallo son do tenor literal seguinte:

Auto nº 491/19 continuando execución en gastos extraordinarios.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 22 de abril de 2019.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data 24.4.2017 foi enviada a este xulgado pola procuradora Sra. López Puga, en nome e representación de María Montserrat Vázquez Rodríguez, demanda de xuízo verbal para a determinación de gastos extraordinarios, fronte a Miguel Lorenzo González.

Segundo. Da dita petición conferiuse traslado á parte demandada e ao Ministerio Fiscal, conforme o previsto no artigo 776.4 da LAC, sen que a parte demandada manifestase nada ao respecto.

Parte dispositiva:

Acordo que a cantidade de 501,60 euros correspondentes ao 60 % dos gastos derivados de lentes graduadas, actividades O invernadoiro, e Camiño de Santiago, clases de apoio e clases de danza (conforme a Sentenza do 10.7.2013) e 108 euros correspondentes ao 50 % dos gastos derivados das clases de reforzo de matemáticas desde xaneiro a abril de 2017 (conforme a Sentenza do 27.1.2017), teñen a consideración de gasto extraordinario.

En canto sexa firme a presente resolución, arquívense os presentes autos, logo de nota precisa nos libros correspondentes.

Notifíquese esta ás partes, facéndolle saber á parte demandante que, en caso de que queira proceder ao despacho da presente resolución, deberá presentar a correspondente demanda.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación no prazo de 20 días, para o cal se deberá constituír o depósito legalmente previsto.

E ao estar o dito demandado, Miguel Lorenzo González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza