De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-467/2019-PPM e cinco máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispóñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 9 de maio de 2019
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-467/2019-PPM |
76969985W |
Inicio |
Quinteiro, 29, Cespón, Boiro |
PSC-CO-470/2019-PPM |
78784279X |
Inicio |
Rianxiño, 46, Rianxo |
PSC-CO-471/2019-TRA |
X5643292N |
Inicio |
Dereitos Humáns, 12-3º D, Boiro |
PSC-CO-478/2019-PPM |
47403245S |
Inicio |
R/ Río, 14-1º, Sada |
PSC-CO-482/2019-V |
76321850F |
Inicio |
Prado da Viña, 10, Fisterra |
PSC-CO-483/2019-COP |
33241839P |
Inicio |
Luis Seoane, 1-3º I, Ribeira |