Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25694

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2019 e 2020 (código de procedemento TR302A).

BDNS (Identif.): 457021.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire esta orde as entidades privadas que, na data de entrada en vigor desta convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitada a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa non vinculada a certificado de profesionalidade, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que lles permita impartir a formación para a cal solicitan subvención nas modalidades presencial ou mixta.

2. Igualmente, poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación que achegasen, antes da presentación da solicitude do programa formativo, a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Segundo. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública de subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e a súa execución, correspondentes aos exercicios 2019 e 2020, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (procedemento TR302A).

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras establécense na mesma orde.

Cuarto. Importe

1. Para as subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por importe total de 5.000.000 €, distribuído en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes, co código de proxecto 201300493:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2019

Anualidade 2020

Importe total

09.41.323B.471.0

1.500.000,00 €

2.300.000,00 €

3.800.000,00 €

09.41.323B.481.0

500.000,00 €

700.000,00 €

1.200.000,00 €

Total

2.000.000,00 €

3.000.000,00 €

5.000.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria