Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador PSC/2018/47 por infracción en materia sanitaria.

Con data do 22 de novembro de 2018, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade acordou a incoación do procedemento sancionador PSC/2018/47 por infracción en materia sanitaria, do cal se ditou a Resolución o 15 de abril de 2019.

Intentada a notificación a persoa interesada no enderezo coñecido, esta foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación da resolución do procedemento sancionador PSC/2018/47 sen poderse realizar, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, o cal se poderá publicar previamente, con carácter potestativo, no Diario Oficial de Galicia.

En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada. Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente na Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número do expediente: PSC/2018/47.

NIF: 35275618N.

Último enderezo coñecido: avenida de Montero Ríos, nº 51, 2º. 36930 Bueu.