Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25373

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente.

A Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 28 de marzo de 2019, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril), establece, no seu artigo 12, que para elaborar, supervisar e avaliar a proba a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 12 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19,

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberán elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Fixar o horario, os lugares de realización da proba e as condicións de presentación das persoas candidatas.

1. A proba terá lugar o día 27 de xuño de 2019 de acordo co seguinte horario:

– 9.30 horas, presentación das persoas candidatas.

– 10.15 a 12.15 horas, primeira parte da proba.

– 12.45 a 13.45 horas, segunda parte da proba.

2. Lugares en que se realizará a proba.

Provincia da Coruña:

– Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso. Rúa Someso núm. 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avda. das Fontiñas, núm. 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feijoo, núm. 19, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Vitoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación das persoas candidatas

a) As persoas candidatas deberán realizar a proba, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo no cal se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

Titulares:

Presidenta: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogal 1: Berta Estrada Arias, inspectora de Educación.

Vogal 2: Manuel Trigás Verdini, inspector de Educación.

Vogal 3: Federico Pérez Morán, inspector de Educación.

Vogal 4: María del Pilar Barandela Sandianes, inspectora de Educación.

Vogal 5: Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de Educación.

Suplentes:

Presidente: Iván Mira Fernández, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Vogal 1: Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.

Vogal 2: Juan Antonio Granados Loureda, inspector de Educación.

Vogal 3: Íñigo Barreiro García, inspector de Educación.

Vogal 4: María Teresa Vázquez Montes, inspectora de Educación.

Vogal 5: José Carlos Barros Pardo, inspector de Educación.