Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común (MVMC) Veiga e Comunal de Escornabois, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Escornabois, no concello de Trasmiras.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento parcial do MVMC Veiga e Comunal de Escornabois cun predio propiedade de Serafín Castro Rodríguez, presentada o día 22 de outubro de 2018 pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Escornabois.

O día 30 de abril de 2019, o Servizo de Montes de Ourense emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do monte veciñal en man común (MVMC).

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios estremeiros.

Durante este prazo, o plano topográfico e demais documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Ourense, na rúa Villaamil y Castro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.

Ourense, 7 de maio de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense