Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 30 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos competencia desta xefatura territorial (expediente FE-15547 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo ou aos seus representantes, debidamente acreditados, para que no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ás dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 30 de abril de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento aboamento ou reintegro de prestacións

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

FE-15547

32458493L

Resolución aboamento de cantidades

14.11.2018

CO-25561

47366765J

Resolución aboamento de cantidades

14.11.2018