Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de abril de 2019 polo que se fai pública a aprobación de paso a concesión da explotación, derivada do permiso de investigación, denominada Morada número 4810.1, sita nos concellos de Melón, na provincia de Ourense, e A Cañiza, na provincia de Pontevedra, para recursos da sección C).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas aprobou, a Minor Galicia, S.L., o paso a concesión de explotación, derivada do permiso de investigación, que a continuación se describe:

Nome: Morada.

Número de expediente: 4810.1.

Recurso: sección C.

Termos municipais: Melón (Ourense) e A Cañiza (Pontevedra).

Titular: Minor Galicia, S.L.

Superficie: dúas (2) cuadrículas mineiras.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 25 de abril de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense