Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25145

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR949A).

A practica deportiva, a nivel competitivo, caracterízase pola necesidade de contar cunha serie de equipamentos deportivos que faciliten e melloren as condicións nas que os deportistas desenvolven a súa modalidade ou especialidade.

Tendo en conta a importancia que as entidades deportivas sen ánimo de lucro teñen nesa actuación do fomento da práctica deportiva, faise preciso arbitrar un sistema de axudas públicas dedicadas á adquisición de equipamentos, a fin de contribuír na modernización e actualización do material deportivo necesario para o adecuado exercicio da práctica deportiva do que dispoñen as citadas entidades.

O Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu artigo 27.22, a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción do deporte. De conformidade cos parámetros de actuación establecidos na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, e segundo ás atribucións que lle son conferidas polo Decreto 76/2017, do 28 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte vén establecer as presentes bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades deportivas sen ánimo de lucro de Galicia, para a adquisición de equipamentos deportivos.

Esta resolución dá cumprimento aos principios de publicidade, libre concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Por outra banda, as subvencións reguladas na presente resolución tramitaranse polo procedemento ordinario de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva conforme as previsións establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións.

En virtude do exposto, e en exercicio das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos que se recollen no anexo II, Relación de equipamento (código de procedemento PR949A).

2. Por esta resolución, convócanse as devanditas subvencións para o ano 2019.

Artigo 2. Financiamento

1. Para o exercicio económico do 2019, o crédito orzamentario para financiar estas axudas é de 603.700,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.780.1, «Convocatoria para equipamento deportivo ás entidades deportivas», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

2. Este crédito orzamentario poderase incrementar como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver e para xustificar.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Para a convocatoria do exercicio económico do 2019, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Artigo 4. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do órgano colexiado competente da entidade deportiva (anexo IV).

b) Memoria xustificativa e méritos (anexo V).

2. A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE/NIF da persoa/entidade representante.

c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

f) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Consulta de concesións pola regra mínimis.

2 Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Artigo 6. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións dos requirimentos e resolucións administrativos nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web http://deporte.xunta.gal/

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puider impoñeren nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 9. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Secretaría Xeral para o Deporte coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de darlle a publicidade esixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme ao descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da a Secretaría Xeral para o Deporte para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos

Base 1ª. Obxecto

O obxecto destas bases reguladoras é establecer o réxime das axudas para a adquisición de equipamentos deportivos.

Base 2ª. Réxime xurídico

1. O procedemento de concesión destas subvencións axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000,00 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

Base 3ª. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas.

2. Estas entidades, ademais dos requisitos xerais establecidos na normativa de subvencións, deberán reunir os seguintes requisitos.

– Figurar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia á data de publicación da convocatoria anual de subvencións..

– Ter actualizados os seus estatutos ás disposicións vixentes en materia deportiva.

3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Base 4ª. Equipamentos deportivos subvencionables

1. Só resultará susceptible de ser subvencionada a adquisición de equipamento deportivo inventariable, para ser destinado á participación en competicións deportivas oficiais ou á realización de adestramentos de acordo co disposto no anexo II.

2. Os equipamentos deportivos subvencionables serán os que figuran no anexo II, relación de equipamento.

Base 5ª. Intensidade da axuda

A subvención será do 80 % do gasto subvencionable, sendo a porcentaxe restante achega da entidade beneficiaria, ata esgotar o crédito dispoñible atendendo á orde de prelación das persoas beneficiarias.

Establécese como gasto mínimo subvencionable unha contía de 1.000 €, dos cales a entidade beneficiaria deberá achegar 200 €.

Non obstante o anterior, o importe total da axuda a conceder non poderá superar a cantidade máxima de 20.000,00 € por club nin os 30.000,00 € por federación deportiva.

Base 6ª. Compatibilidade e acumulación de axudas

As subvencións que se regulan nesta resolución son compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sen prexuízo da obriga de comunicar ao órgano concedente a súa obtención. O importe total da axuda non poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo final xustificado do investimento para o cal se concedeu. No caso de superar o custo final xustificado, minorarase a axuda regulada nesta resolución na contía que exceda do custo final xustificado.

Base 7ª. Financiamento

1. Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria e código de proxecto e polo importe que, para cada exercicio, publique a Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Resérvase un 30 % do orzamento total de cada convocatoria anual de subvención ás federacións deportivas galegas. Unha vez esgotado o 30% de reserva, as restantes solicitudes das distintas federacións deportivas galegas participarán na convocatoria segundo os criterios establecidos.

No caso de que non se esgote o crédito destinado aos clubs ou ás federacións, a cantidade resultante incrementará o orzamento destinado ás outras entidades.

Base 8ª. Solicitudes

1. As solicitudes irán dirixidas á Secretaría Xeral para o Deporte segundo o modelo normalizado que se inclúe como anexo III, debendo presentarse unha única solicitude por cada posible beneficiario. A súa presentación implica o compromiso de someterse ás normas reguladoras da subvención establecidas nesta resolución.

Na solicitude, a persoa solicitante fará constar:

a.1. O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos para os mesmos equipamentos solicitados ao abeiro desta resolución e o compromiso de comunicar cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

a.2. Que a entidade deportiva non está incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiaria dunha subvención.

2. Xunto coa solicitude, a persoa solicitante deberá achegar a seguinte documentación:

a) Certificación emitida polo/a secretario/a da entidade deportiva solicitante segundo o modelo do anexo IV, na cal se faga constar o acordo do órgano colexiado competente da entidade deportiva polo cal se solicita a subvención para as actuacións que se pretenden executar ao abeiro desta resolución.

Dito acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e deberá expresar todos os equipamentos que integran a solicitude, o orzamento de cada equipamento, así como o orzamento total. Os importes dos orzamentos parciais e total deberán incluír o IVE.

b) Memoria xustificativa da necesidade dos equipamentos para as cales solicitan subvención e méritos (anexo V) asinada polo/a representante da entidade deportiva.

3. Terá a condición de documentación mínima a recollida no punto 2.b). cuxa non presentación dará lugar a inadmisión da solicitude.

4. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

7. No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nun parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Base 9ª. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate da presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Base 10ª. Órganos competentes e instrución do procedemento

A Secretaría Xeral para o Deporte será o órgano competente para a resolución do procedemento para a concesión da subvención.

A Subdirección Xeral de Plans e Programas será o órgano competente para a instrución do procedemento e elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte.

Base 11ª. Instrución do procedemento

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, agás no caso de documentación mínima que debe acompañar á solicitude, requirirase á entidade interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fai, se terá por desistida na súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos citados de emenda faranse mediante publicación no DOG e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

a) As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

b) As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

c) Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

d) As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

e) Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderase requirir á entidade solicitante que xunte cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Recibidas as solicitudes, o órgano instrutor revisará os expedientes e publicará no DOG e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.gal/), a relación de entidades admitidas, as que deben subsanar ou emendar e as inadmitidas para que os interesados, no prazo improrrogable de 10 días contados a partir do día seguinte ao da súa publicación poidan presentar alegacións ou achegar a documentación que consideren oportuna.

5. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que cumpran todos os requisitos e reúnan toda a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración.

6. As solicitudes que non cumpran os requisitos esixidos nestas bases e, no seu caso, na convocatoria anual de axudas, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que dite resolución de inadmisión ou desestimento na cal se indicarán as causas desta.

7. As notificacións dos requirimentos e resolucións administrativas efectuaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. Unha vez valoradas todas as proposta pola comisión de valoración o órgano instrutor elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte.

Base 12ª. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte.

2. A comisión de valoración estará composta por 5 membros:

– Presidencia: subdirector/a da Secretaría xeral para o Deporte.

– Vogais:

• O/a director/a do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

• Dous/dúas xefes/as de servizo de deportes das xefaturas provincias da Secretaría Xeral para o Deporte.

• Un/unha técnico/a deportivo/a da Secretaría Xeral para o Deporte.

– O/a xefe/a de servizo de deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte, que fará as funcións de secretario/a, con voz e voto

3. O funcionamento desta Comisión está sometida ao disposto para os órganos colexiados na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Base 13ª. Criterios de valoración.

1. A comisión avaliará as solicitudes presentadas de acordo cos seguintes criterios de valoración:

A) Equipamento deportivo: máximo 50 puntos.

1) Equipamento de competición oficial e de adestramento específico: ata un máximo de 30 puntos.

Na asignación da puntuación deste apartado priorizarase, en todo caso, o equipamento deportivo para probas olímpicas/paralímpicas.

A comisión de valoración para asignar a puntuación deste apartado establecerá, de xeito motivado, distintos tramos de puntuación quedando integrado o equipamento deportivo para probas olímpica/paralímpicas no tramo máis alto (20-30 puntos).

A puntuación concreta que se asignará tanto ao equipamento deportivo como ao equipamento deportivo para probas olímpicas/paraolímpicas, atenderá ao maior custe do equipamento solicitado dentro do tramo no que quede integrado.

Poderanse incluír outros criterios para a asignación de puntos en cada tramo, en función das características do equipamento solicitado.

2) Equipamento non específico: 45 puntos.

2.1) Equipamento para o transporte de deportistas e de material de competición e adestramento imprescindible para o desenvolvemento da práctica da modalidade deportiva: 45 puntos.

2.2) Resto do equipamento non específico: 10 puntos.

3) Material sanitario: 15 puntos.

No caso de solicitude que conteñan varios equipamentos do mesmo tipo, soamente recibirán a puntuación por un deles.

En todo caso, a suma de todos os puntos non poderá superar a puntuación máxima do apartado (50 puntos).

B) Méritos deportivos da entidade: ata 60 puntos.

Na valoración deste criterio, terase en consideración:

1) Estrutura deportiva: Valorarase a participación nas categorías absolutas e previa á absoluta (é a categoría de idade na que se desenvolve a competición deportiva anterior á categoría absoluta) en competicións oficiais organizadas por unha federación deportiva, no ano anterior á convocatoria:

– Ámbito internacional: 20 puntos.

– Ámbito estatal: 15 puntos.

– Ámbito autonómico: 10 puntos.

– Ámbito local: 5 puntos.

Neste criterio, soamente se terá en consideración o ámbito principal de actuación de maior importancia e que se desenvolvan polo formato de liga ou similar.

2) Logros deportivos (criterio soamente aplicable aos clubs e sociedades anónimas deportivas): Valorarase a obtención de determinados resultados nas categorías absolutas e previa á absoluta (é a categoría de idade na que se desenvolve a competición deportiva anterior á categoría absoluta) en competicións oficiais organizadas por unha federación deportiva, no ano anterior á convocatoria. No caso dos deportes individuais, valoraranse os logros dos deportistas que teñan licenza federativa durante o ano anterior á convocatoria polo club que presenta a solicitude.

a) Deportes colectivos:

– Campión de Europa de clubs: 20 puntos.

– Subcampión de Europa de clubs: 15 puntos.

– Campión de España de clubs: 10 puntos.

– Subcampión de España de clubs: 5 puntos.

b) Deportes individuais:

– Campión de Europa: 20 puntos.

– Subcampión de Europa: 15 puntos.

– Campión de España: 10 puntos.

– Subcampión de España: 5 puntos.

3) Número de deportistas da entidade con recoñecemento vixente como deportista galego de alto nivel ou deportista de alto nivel, na data de publicación da convocatoria: 5 puntos por deportista.

En todo caso, a suma de tódolos puntos non poderá superar a puntuación máxima do apartado (60 puntos).

C) Apoio á igualdade de xénero: valoraranse contar cunha porcentaxe de deportistas femininas con licenza federativa:

– Ter unha porcentaxe de máis do 60 % de deportistas femininas con licencia federativa: 20 puntos.

– Ter unha porcentaxe de entre máis do 40 % e o 60 % de deportistas femininas con licencia federativa: 15 puntos

– Ter unha porcentaxe de entre máis do 30 % e o 40 % de deportistas femininas con licencia federativa: 10 puntos

– Ter unha porcentaxe de entre máis do 20 % e o 30 % de deportistas femininas con licencia

D) Adquisición de equipamento para deporte adaptado/inclusivo:

– Ter unha porcentaxe de máis do 75 %, sobre o total solicitado, de material necesario para a práctica de deporte adaptado/inclusivo: 20 puntos.

– Ter unha porcentaxe de máis do 50 %, sobre o total solicitado, de material necesario para a práctica de deporte adaptado/inclusivo: 15 puntos.

– Ter unha porcentaxe de máis do 25 %, sobre o total solicitado, de material necesario para a práctica de deporte adaptado/inclusivo: 10 puntos.

Base 14ª. Proposta de resolución

1. Unha vez valoradas as solicitudes a Comisión elaborará un informe cunha relación das solicitudes presentadas ordenadas por orde de prelación de maior a menor puntuación en aplicación dos criterios de baremación establecidos no artigo anterior.

2. No caso de producirse empate entre as entidades solicitantes que reúnan os requisitos valorarase, para o seu desempate, en primeiro lugar o criterio do apartado a) e se persistise o empate, o criterio b) e así sucesivamente.

3. O órgano instrutor á vista do expediente e do informe do órgano avaliador formulará proposta de resolución provisional que incluirá a aquelas entidades beneficiarias ata o esgotamento do crédito orzamentario consignado. Esta resolución notificarase aos interesados que disporán dun prazo de dez días para presentar alegacións.

4. Poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

5. Examinadas as alegacións aducidas no seu caso polos interesados, formularase a proposta de resolución definitiva que expresará de forma motivada a relación de clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas para os cales se propón a concesión da axuda, coa identificación da persoa beneficiaria, puntuación obtida no proceso de baremación, importe da axuda proposta e equipamento subvencionado.

6. De ser o caso, contará cunha relación de persoas beneficiarias admitidas que non acadaron a subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible, que conformarán a lista de agarda. O órgano xestor poderá acordar activar a lista de espera no suposto de que algunha entidade beneficiaria renuncie á subvención concedida ou decaia no dereito á súa percepción; neste caso os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos persoas beneficiarias admitidas que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

7. A proposta de resolución expresará tamén, de forma motivada, a relación de persoas beneficiarias para as cales se propón a denegación, inadmisión ou desestímento da solicitude presentada.

Base 15ª. Resolución

1. A persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, o equipamento que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de denegación ou inadmisión.

A dita resolución, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da mesma lei, será notificada mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Base 16ª. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que a resolución debería ter sido ditada.

b) Recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Base 17ª. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario. Cumpriranse, en todo caso, os seguintes requisitos:

1º. Que a actividade, conduta ou modificación do investimento estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

2º. Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

3º. Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda ou subvención.

3. A entidade beneficiaria deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao titular da Secretaría Xeral para o Deporte, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de 40 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionado, sen prexuízo do disposto no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo órgano concedente despois da instrución do correspondente expediente, en que se dará audiencia ás entidades interesadas na forma prevista no artigo 18 destas bases.

Base 18ª. Renuncia

A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que a entidade solicitante non afronte o pagamento do proxecto de investimento presentado na solicitude e non renuncie á correspondente subvención durante o prazo para a súa xustificación establecido no apartado 3 da base 21ª, quedará excluído de calquera subvención ou axuda para o mesmo fin tramitada pola Secretaría Xeral para o Deporte no exercicio inmediatamente posterior ao actual.

A persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da mesma lei.

Base 19ª. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas do beneficiario:

1º. Cumprir o obxectivo que fundamenta a concesión da subvención.

2º. Xustificar, ante o órgano concedente, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a adquisición do equipamento deportivo e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3º. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4º. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia estas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

5º. Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de dous anos desde a súa concesión.

6º. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7º. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

8º. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

9º. Segundo o disposto no artigo 11.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

10º. Outorgar premios, trofeos ou outros recoñecementos nas mesmas condicións, categorías e contías aos practicantes de ambos sexos nas competicións e eventos que organicen nos dous anos seguintes a data de concesión da axuda.

Base 20ª. Obrigas específicas de publicidade

As persoas beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, as persoas beneficiarias das axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos equipamentos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa lenda «Proxecto cofinanciado», acompañada do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

Base 21ª. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionada á presentación dunha solicitude de pagamento, segundo o anexo VI, polas entidades beneficiarias, nos lugares sinalados no artigo 3 da convocatoria.

Nesa solicitude a persoa beneficiaria fará constar:

O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, e o compromiso de comunicar de contado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións con indicación do importe e da súa procedencia.

2. Xunto coa solicitude de pagamento, a persoa beneficiaria deberá achegar a documentación seguinte:

a) Certificación responsable asinada polo secretario/a da entidade deportiva beneficiaria segundo o anexo VII desta resolución, na que conste:

1º. A aprobación polo órgano competente da xustificación da subvención, na cal se faga constar de forma detallada:

a. O cumprimento da finalidade da subvención.

b. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada, coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de pagamento.

2º. Que, segundo informe do tesoureiro da entidade deportiva beneficiaria, se anotou na contabilidade do gasto correspondente á adquisición do equipamento subvencionado.

3º. Que, segundo informe do/a secretario/a da entidade deportiva beneficiaria, a adquisición de equipamentos se realizou seguindo o seguinte procedemento:

– Solicitude de tres ofertas, de conformidade co establecido no artigo 48.2.f) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

– Que a elección entre as ofertas recaeu na proposta económica máis vantaxosa.

– Que as solicitudes das ofertas, a elección e o pagamento do equipamento se realizou con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2019 e que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

b) Relación clasificada de gastos (anexo VIII) e facturas xustificativas dos investimentos realizados coa xustificación dos pagamentos que deberá acreditar que se fixeron cos requisitos exixidos no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

Os investimentos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, en orixinal ou copias auténticas electrónicas. As facturas deberán estar expedidas entre o un de xaneiro de 2019 e a data límite da xustificación do proxecto.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

Non obstante, no presente procedemento admitiranse os documentos en papel ou copias debidamente compulsadas debido a circunstancias funcionais e/ou tecnolóxicas derivadas da implantación progresiva por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación coa organización da emisión das copias auténticas electrónicas.

A xustificación dos pagamentos acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre o un de xaneiro de 2019 e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como o número de factura obxecto do pagamento e a data deste.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

Con carácter excepcional, aceptarase a xustificación do pagamento mediante recibín do provedor para gastos de escasa contía por importes inferiores a 1.000 euros.

3. O prazo máximo de xustificación rematará ao mes seguinte da publicación da resolución de concesión da axuda.

4. A presentación da solicitude de pagamento de subvención pola persoa interesada ou representante, comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. A Secretaría Xeral para o Deporte poderá solicitar calquera documentación necesaria para a correcta verificación da subvención.

6. A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, sen prexuízo do previsto nos artigos 45.2 e 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Base 22ª. Pagamento

1. Unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Secretaría Xeral para o Deporte, antes de proceder ao seu pagamento, realizarán as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O libramento da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira ao número de conta designado polo beneficiario e na que debe figurar como titular a entidade beneficiaria da axuda.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto.

Base 23ª. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Nos supostos de falta de xustificación, de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia ou de incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención, incluíndo a data en que se acorde a orixe do reintegro.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida cando, ao non cumprir a obriga de manter o investimento durante dous anos, se aproxime de maneira significativa a ela, entendendo como tal ter mantido o investimento durante polo menos dezaoito meses e que a persoa beneficiaria acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos. A contía que se reintegrará será proporcional ao tempo que reste para o cumprimento dos dous anos.

2. O procedemento para declarar a orixe da perda deste dereito será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Base 24ª. Control

1. A Secretaría Xeral para o Deporte poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. A parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Base 25ª. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000,00 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, e será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte

Base 26ª. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade; no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1) e no resto da normativa que resulte de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da secretaria xeral para o Deporte para ditar as resolucións e instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e execución desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Dos anexos

O anexo II de equipamentos subvencionables poderá modificarse na resolución que anualmente se publique para a convocatoria de axudas.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO II

Relación de equipamento

a) Relación de equipamentos de adestramento ou competición específicos por modalidades deportivas:

1. Actividades subacuáticas, esquí náutico, motonáutica, pesca e casting: boias, balizas, corcheras e material de sinalización acuático

2. Aeronáutica: redes de protección de público e material de sinalización específico

3. Atletismo: xavelinas, pesos, martelos, discos, pértegas e valos.

4. Automobilismo, caza, golf, motociclismo e tiro ao voo: simuladores.

5. Bádminton, béisbol e sófbol, pádel, tenis e voleibol: redes, postes, máquina lanza bolas, máquina lanza plumas e máquina lanza balóns.

6. Baloncesto: canastras e protectores canastras, sempre que acrediten a titularidade da cancha na que pretendan instalar este material ou que a teñen en réxime de concesión ou cesión de uso de forma exclusiva.

7. Balonmán, fútbol, hockei e patinaxe: portería e redes, sempre que acrediten a titularidade da cancha na que pretendan instalar este material ou que a teñen en réxime de concesión ou cesión de uso de forma exclusiva.

8. Billar: mesas de xogo e tapete.

9. Bolos: xogo de bolos.

10. Boxeo: tatami ou tapiz, cascos de protección.

11.Chave: xogo de chave.

12. Ciclismo e tríatlon: rodillos e soporte multimedia para adestramento en rodillo e bicicletas.

13. Columbicultura e colombofilia: gaiolas para traslado de pombas nas competicións.

14. Deporte adaptado: cadeiras de rodas.

15. Deportes de inverno: redes de protección.

16. Espeleoloxía e montañismo: cordas e arneses, poleas, mosquetóns, aseguradores, descensores, bloqueadores.

17. Esgrima, judo, karate, kickboxing, kung fu, loita e taekwondo: tatami ou tapiz, petos electrónicos, cascos electrónicos, receptor Wi-Fi e cargadores, taboleiros visualizadores electrónicos de puntuacións, cos maletíns, baterías e carga batería recargables.

18. Halterofilia: halteras, barras, discos, pesas, andeis de barras, ergómetros, colchonetas.

19. Hípica: cadeiras de montar, remolque cabalos, porterías ou aros sempre que acrediten a titularidade da cancha na que pretendan instalar este material ou que a teñen en réxime de concesión ou cesión de uso de forma exclusiva.

20. Natación: corcheras, porterías waterpolo sempre que acrediten a titularidade da cancha na que pretendan instalar este material ou que a teñen en réxime de concesión ou cesión de uso de forma exclusiva. Equipos de música subacuática para natación sincronizada.

21. Orientación: balizas e sensores, sistemas de navegación ou de posicionamento, gps.

22. Pelota: xogo de pelotas.

23. Petanca: xogo de petanca.

24. Piragüismo, remo e surf: embarcacións de competición, remos ou palas, chalecos salvavidas para categorías de formación, ergómetros, contapaladas, porterías de kayak-polo sempre que acrediten a titularidade da cancha na que pretendan instalar este material ou que a teñen en réxime de concesión ou cesión de uso de forma exclusiva) e lanchas neumáticas.

25. Rugbi e fútbol americano: escudos, bolsas tacleo, porterías, protectores porterías e máquina de melés.

26. Salvamento e socorrismo: skis de salvamento, táboas de salvamento e palas.

27. Squash: interactive squash e máquina lanza bolas.

28. Tenis de mesa: mesas de competición.

29. Tiro con arco e tiro olímpico: parapetos e dianas ou brancos (exceptúanse os pratos).

30. Vela: embarcacións de competición, velas, mastros, botavaras e lanchas pneumáticas.

31. Xadrez: taboleiros, pezas e reloxos.

32. Ximnasia: tatami ou tapiz, trampolín, colchoneta quitamedos, anelas, barra fixa, barras paralelas, barras asimétricas, barra de equilibrio, cabalo con arco, potro, camas elásticas, airtrack e minitramp.

b) Equipamentos non específicos:

1. Carros, remolques ou bacas para o transporte de material de competición e adestramento.

2. Material de ximnasio: halteras, barras, discos, pesas, andeis de barras, ergómetros, colchonetas.

3. Furgonetas para o transporte de deportistas e material de competición e adestramento.

4. Marcadores portátiles e sistemas de cronometraxe.

5. Cadeiras para xuíces/árbitros.

6. Plataformas de saída e placas de xiro para natación.

7. Ring para boxeo e kickboxing.

8. Equipos e sofware de programas de puntuación e de control de volta a cada ou ao solo para competicións de aeromodelismo e dróns.

c).Material sanitario:

Caixa de primeiros auxilios, desfibrilador.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file