Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de maio de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución de caducidade dun procedemento administrativo de solicitude de renuncia á compatibilidade, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal da resolución de caducidade dun procedemento administrativo de solicitude de renuncia á compatibilidade concedida, a través do servizo de Correos, esta non se puido practicar, polo que se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Por tanto, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de caducidade do procedemento.

A persoa interesada pode recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a persoa interesada compareza.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente de compatibilidade.

DNI: 33350374Y.

Acto de notificación: resolución de caducidade dun procedemento administrativo de solicitude de renuncia á compatibilidade.