Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25083

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial de expropiación ZV-10 Bastiagueiro.

Mediante a Resolución desta alcaldía núm. 1871, do 9 de maio de 2019, acordouse aprobar inicialmente o expediente de expropiación de terreos e tres edificacións ubicadas no sistema xeral ZV-10, parque forestal de Bastiagueiro, en Liáns.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, de 8.30 a 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de maio de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente