Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 948/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 948/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mireya Vargas contra Natalia Franco Segura, sobre reclamación de cantidade, se expediu a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación

Tribunal que ordena citar

Xulgado do Social número 1

Asunto en que se acorda

Procedemento ordinario 948/2018

Persoa que se cita

Natalia Franco Segura, como parte demandada.

Obxecto da citación

Asistir nesa condición ao/s acto/s de conciliación e, de ser o caso, xuízo, coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer

Deben comparecer o día 5.7.2021, ás 10.20 horas, no 4º andar, sala 9, edificio dos xulgados, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 5.7.2021, ás 10.30 horas, no 4º andar, sala 9, edificio dos xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación-procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, se teñen que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 LXS).

4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas: o seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto, indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberá comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocado/a (artigo 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar a data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

Lugo, 26 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Natalia Franco Segura, expídese esta cédula.

Lugo, 25 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza