Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-22279 e catro máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tentada a notificación das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 25 de abril de 2019

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento/
Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/PO-22279

14210577G

Aceptación da renuncia e arquivamento

11.3.2019

BS210A/PO-23011

35374953X

Resolución por falecemento e arquivamento

14.3.2019

BS210A/PO-36608

35466477V

Resolución por falecemento e arquivamento

14.2.2019

BS210A/VI-45900

36096528Y

Resolución por falecemento e arquivamento

5.2.2019

BS210A/VI-47278

35811790P

Declaración de caducidade e acordo de arquivamento

30.1.2019