Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 7 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 21/2019.

Notifícase o persoa interesada, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a seguir se relaciona no anexo, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Unha vez transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avda. de la Habana, 79, 7º, de Ourense.

Ourense, 7 de maio de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta infracción

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data de resolución

Importe da sanción

21/2019

I322019000000919

B32408916

R/ Montemaior, nº 10-1, oficina 7, 32600 Verín (Ourense)

15.4.2019

626,00 €