Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24586

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 9 de maio de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante Orde do 2 de febreiro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 31, do 13 de febreiro de 2019, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura e Turismo.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica á persoa funcionaria de carreira que se relaciona no anexo I da presente orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel em que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no número anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura e Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Vidal Orjales, Mónica.

NRP ou DNI: 3268488157 A1146.

Subgrupo: C2.

Corpo ou escala: corpo xeral auxiliar da Administración do Estado.

Posto de traballo: secretario/a do/da director/a da Axencia Turismo de Galicia.

Código do posto: PX.A20.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Centro directivo: Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.