Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2018/198/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada e que se indica no anexo, ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código Civil.

O expediente está á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada. Advírtese que desde o día seguinte ao da notificación do dito acto administrativo terá quince (15) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Lugo, 16 de abril de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2018/198/27.

DNI: 34273054H.

Enderezo actual: descoñecido.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do día 4 de abril de 2019.