Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 16 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650A e BS650G, competencia desta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante edicto para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 16 de abril de 2019

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS650A

Núm. DNI/NIE

Núm. expte.

Resolución e data

X2977600C

36000319-I/18

Denegación 8.2.2019

28864102E

36000210-I/17

Denegación 19.2.2019

X2594711N

36001383-I/98

Extinción 22.1.2019

Procedemento BS650G

Núm. DNI/NIE

Núm. expte.

Resolución e data

39461486H

36000681-X/13

Extinción 15.3.2019

77403749D

36001198-X/97

Extinción 25.2.2019

33746132A

36000283-X/18

Desestimación 8.2.2019

34130052F

36000277-X/18

Desestimación 8.2.2019

76825606V

36000051-X/97

Extinción 25.2.2019

76827310L

36000363-X/04

Extinción 15.3.2019