Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24518

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN541A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; no artigo 27 do anexo I da Orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código do procedemento IN541A), procédese, por medio desta resolución, á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da dita orde.

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código do procedemento IN541A).

b) Aplicación orzamentaria: 09.20.732A.760.1.

c) Crédito orzamentario: 1.504.806 euros.

d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Finalidade: creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Beneficiarios e importe das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios e o importe.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Subvencións concedidas

Núm. expediente

Beneficiario

NIF

Contía da axuda (€)

IN541A 2019/01-0

Concello de Silleda

P3605200I

240.000,00

IN541A 2019/02-0

Concello de Portomarín

P2704900F

175.746,95

IN541A 2019/03-0

Concello de Castro de Rei

P2701000H

240.000,00

IN541A 2019/04-0

Concello do Corgo

P2701400J

240.000,00

IN541A 2019/05-0

Concello de Paradela

P2704200A

240.000,00

IN541A 2019/06-0

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

230.097,56

IN541A 2019/07-0

Concello das Somozas

P1508200A

135.599,90