Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (62/2019).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 62/2019 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Matías Colinas Cespón contra a empresa Riveira Entera, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Matías Colinas Cespón, fronte a Riveira Entera, S.L., parte executada, por importe de 4.398,13 euros en concepto de principal (desagregada da seguinte maneira: 3.519,66+10 % de xuro por mora: 878,47 euros), máis outros 439,81 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e 200,00 euros en concepto de honorarios de letrado.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS e aos representantes dos traballadores da empresa debedora de conformidade co ordenado polo artigo 252 LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que houberen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social núm. 2, aberta no Banesto, conta núm. 1596, clave 64 N, debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A magistrada La letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Riveira Entera, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza