Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a Resolución do 11 de abril de 2019 pola que se formula o informe de impacto ambiental do cambio de uso de forestal a agrícola da parcela 31 do polígono 503 do concello de Boimorto (clave 2017/0043).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise pública a Resolución do 11 de abril de 2019 pola que se formula o informe de impacto ambiental do cambio de uso de forestal a agrícola da parcela 31 do polígono 503, na parroquia de Sendelle, concello de Boimorto (A Coruña).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático