Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 24002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal de Milleirós, do concello de Pol (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal de Milleirós, situado na parroquia de Santiago de Milleirós, no concello de Pol.

Día: sábado, 22 de xuño de 2019.

Hora: 12.00, en primeira convocatoria, 12.30 en segunda.

Lugar: Escola de Rioxoán. Parroquia de Valonga.

Concello: Pol (Lugo).

Orde do día:

1. Aprobación dos estatutos do monte abertal.

2. Constitución da xunta xestora.

3. Cancelación do convenio de Milleirós e Panda.

4. Reclamación do diñeiro do monte depositado na caixa de depósitos da Xunta de Galicia.

5. Contas de gastos do monte.

6. Rolda de intervencións.

Lugo, 29 de abril de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo