Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de abril de 2019 polo que se notifican as resolucións do expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.W36.61638 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse aos titulares dos NIF/NIE indicados no anexo as resolucións ditadas nos expedientes DH.W36.61638 e tres máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a presidenta de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

NIF/NIE

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W36.61638

77415093Z

24.10.2018

Desistencia

DH.W15.64838

32831358P

27.2.2019

Favorable

DH.W27.64371

33669137N

4.1.2019

Favorable

DH.W27.61897

33326662F

19.12.2018

Desistencia