Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23721

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fornelos de Montes

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Por Decreto desta Alcaldía, do 23 de abril de 2019, unha vez concluído o procedemento selectivo anunciado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 236, do 10 de decembro de 2018, Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 9 de xaneiro de 2019 e convocado no Boletín Oficial del Estado núm. 19, do 22 de xaneiro de 2019, efectuouse o nomeamento de María del Rosario González Sánchez, con DNI ***8353**, para cubrir a praza da escala de Administración especial, subescala técnica, clasificación: grupo A (subgrupo A2); denominación: traballador/a social.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei de Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Fornelos de Montes, 23 de abril de 2019

Emiliano Lage Rodríguez
Alcalde