Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 431/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 431/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Lage Vázquez contra Turmens Logística Urgente, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, sobre seguridade social, ditouse auto co número 51/2019 o 17 de abril de 2019 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva:

Tense a José Manuel Lage Vázquez por desistido da demanda que deu lugar á incoación do presente procedemento de seguridade social número 431/2017 e, en consecuencia, decrétase o sobresemento e arquivamento das actuacións sen máis trámites.

Non procede efectuar imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese ás partes a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza