Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 8 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150016710 e un máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícanse os requirimentos de documentación ditados no procedemento competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas no anexo emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para ter coñecemento integro do contido dos requirimentos. Advírtese que, no caso de non compareceren, se considerarán notificados para todos os efectos.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada de conformidade co dito requirimento, procederá a suspensión establecida no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, de desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

A Coruña, 8 de abril de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

X9613995H

150016710

14.1.2019

Requirimento de documentación

32253059K

150018410

14.11.2018

Requirimento de documentación