Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de estradas 001/18 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle aos interesados relacionados no anexo o acto que se indica en expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido practicar a notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei os interesados devanditos disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede desta Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (avda. María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 24 de abril de 2019

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

001/18

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Beluso

Incoación expediente

61.3.c)

PO-315, Bueu-Cangas

134/18

Porto Valla, S.L.

Incoación expediente

61.3.f)

PO-531, Pontevedra-Baión

172/18

Juan Manuel Vidal Meis e Alicia Meis Carballa (Hostal Pipo)

Incoación expediente

61.3.a)

PO-308, Pontevedra-A Lanzada