Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, procedemento abreviado 65/2019-D.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 65/2019-D (procedemento abreviado), interposto por José Francisco Álvarez Álvarez, Antonio Andrés Gavela Gesto e Soledad Rodríguez Rey fronte á Resolución do 21 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban as bases do procedemento do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista (DOG núm. 63, do 2 de abril) e fronte á Resolución do 23 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental (DOG núm. 83, do 30 de abril).

Os recorrentes solicitan o seu dereito a participar no concurso específico para o ingreso na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental como funcionarios de carreira.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos