Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23093

III. Outras disposicións

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de publicar os convenios subscritos en cada entidade, e indica no seu artigo 15.2 que:

«(...) cada consellería ou entidade deberá remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior (...)».

En cumprimento desta disposición normativa,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) no primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se indican a seguir: «Convenio de colaboración entre o Cixtec e a EGAP».

Segundo. O dito convenio detállase no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2019

Víctor Coladas Bilbao
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Título. Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sinatura: 11 de xaneiro de 2019.

Importe: 0 €.

Obxecto: a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Cixtec, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes deste, actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins das dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.